ConcellosPetínÚltima hora

Concentración en Petín pedindo “xustiza para Samuel”

 

Tamén Petín amosaba unha vez máis a súa solidariedade contra calquera tipo de violencia e na tarde deste luns 5 de xullo, a praza Doutor Quiroga acollía unha concentración para rexeitar o asasinato de Samuel, o xove que o pasado sábado ás 3 da madrugada era mortalmente agredido en pleno centro da Coruña.

E igual que fixera na concentración pola morte das cativas asasinadas polo seu pai, era a escritora Mencía Yano quen pronunciou unhas palabras de rexeitamento e condolencias para coa familia do mozo. “Non hai peros ante esta violencia mortal que creba a nosa idea de liberdade, de convivencia e de diversidade. Hoxeo país chora por Samuel e pide saber que pasou. Non podemos calarnos, nunca, ante quen alimenta o odio e quen o executa”, dixo dando paso ao minuto de silencio que terminou cun sonoro aplauso. 

Dende o Concello de Vilamartín, tamén se unían cunha mensaxe a través do Facebook “a esta cadea de actos en rexeitamento ao brutal asasinato do mozo Samuel. Unha agresión LGTBI, que rematou da peor das formas”. Poriso pedían “a todos as veciñas e veciños que ás 20 horas garden un minuto de silencio. E inundemos as redes sociais con esta mensaxe. Non podemos permitir que estes actos brutais continúen ocorrendo”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button