ConcellosQuirogaÚltima hora

Concentración en Quiroga para protestar polo servizo de telefonía móbil no municipio

Un dos momentos da concentración celebrada no exterior do Concello de Quiroga./ Cedida.

 

Ante o “mal funcionamento do servizo de telefonía móbil ofrecido pola empresa Movistar na comarca de Quiroga, con cortes no servizo que moitas veces sobrepasan as 24 horas”, esta mañá tiña lugar as portas da Casa do Concello de Quiroga, unha concentración na que participaba parte do goberno local.

Veciños do Val de Quiroga, quixeron sumarse á protesta polo “nefasto servizo que esta compañía ven ofrecendo nos últimos meses”, indican dende o Concelo.

Son moitos os servizos básicos cos que conta este municipio e que quedan “totalmente paralizados”, aseguran os quirogueses, para poder desenvolver a súa actividade, producíndose cortes na internet e na telefonía móbil, provocando ca meirande parte da veciñanza quede incomunicada por completo.

A concentración tamén foi apoiada polo BNG de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button