ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Concentración en Viana do Bolo en defensa da Sanidade Pública

 

No exterior do Centro de Saúde de Viana do Bolo tiña lugar ás 12h. deste 21 de abril unha concentración “en defensa dunha sanidade pública e digna para as comarcas do oriente ourensán”. Esta mobilizacións forma parte dunha serie de concentracións convocadas nesta xornada por SOS Sanidade Pública en todas as áreas sanitarias da comunidade.

Entre outras cuestións, con estes actos reinvindícase “reactiar os centros de saúde e garantir a asistencia presencial”, así como “un plan para afrontar as listas de agarda acumuladas, información transparente e acceso universal ás vacinas e incrementar o persoal e rematar coa súa precariedade e inestabilidade”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button