ConcellosÚltima hora

Concentración en Viana do Bolo en repulsa á violencia de xénero

Imaxe da concentración en Viana do Bolo./ Foto cedida.

A praza Maior de Viana do Bolo convertíase ás oito da tarde do 20 de xuño en escenario dunha nova concentración para rexeitar a violencia de xénero tras a recente morte dunha muller presuntamente a mans do seu marido no Porriño. Esta concentración estaba convocada pola Marcha Mundial das Mulleres e pola Plataforma Feminista de Viana do Bolo.

O Concello de Viana sumábase a esta mobilización e colocaba na fachada da Casa Consistorial unha pancarta “co fin de concienciar á sociedade contra a violencia machista”, segundo o seu alcalde, Secundino Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button