ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Concentración en Viana do Bolo polo Día contra a Violencia de Xénero

 

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a Concellería de Igualdade vén desenvolvendo nestes días diversas actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia dirixidas a toda a poboación vianesa baixo o lema “Viana di non á violencia machista”.

Dentro dese programa incluíase unha concentración neste 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ás 12h. na praza Maior. Nela procedíase a dar lectura a un manifesto.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button