CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Concentración estudantil, no Barco

A folga “en defensa do ensino público galego” foi convocada pola organización do estudantado galego

Convocados por Erguer, organización unitaria do estudantado galego, e coa colaboración de Galiza Nova, un grupo de mozos de Valdeorras concentrábanse na mañá do 13 de abril na praza do Concello do Barco, apoiando deste xeito, á folga estudiantil “en defensa do ensino público galego”.

“O ensino é un dereito non un provilexio”, “Nas aulas de Galicia queremos galego”, “Non á LOMCE” ou “Menos discursos e máis recursos”, son algunhas das pancartas que portaban os asistentes á concentración.

Galiza Nova, mocidades do BNG, desenvolveu durante as pasadas semanas no Barco de Valdeorras unha intensa campaña para espallar a folga. O Secretario Xeral, Alberte Mera, afirmou que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar definitivamente e toda a súa totalidade a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificou de “ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade”. Para Mera, “mentres non se derrogue totalmente a LOMCE e o 3+2 estaremos volvendo ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de volver.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button