DeportesÚltima hora

Concentración mototurística Os Esquíos, en Trives

O encontro moteiro que este ano chega á XII edición terá lugar a fin de semana do 10 ao 12 de xullo
Numeroso público asiste á exhibición de Paulo Martinho na concentración de 2014. /Foto: Carlos G. Hervella.
Numeroso público asiste á exhibición de Paulo Martinho na concentración de 2014. /Foto: Carlos G. Hervella.

Esta fin de semana, do 10 ao 12 de xullo, as motos tomarán A Pobra de Trives. E farano da man do motoclub Os Esquíos que un ano máis organiza a súa concentración mototurística que este ano en que celebran a XII edición, contará cunha zona reservada para vespas e clásicas.

O programa encetarase o venres 10 de xullo coa apertura de inscricións a partires das sete da tarde na praza do Reloxo, onde terá lugar a festa de benvida cunha gran chourizada e sangría con animación.

Con todo, será o sábado cando arranque a concentración propiamente dita. Farao de novo coa apertura de inscricións ás dez da mañá, para comezar unha hora máis tarde, a ruta turístico-gastronómica por fermosas paraxes, con parada para repoñer forzas con pinchos. Ao regresar a Trives, terá lugar a tradicional ruta barítima con “porco ao espeto”, acompañados pola música de Os Bertolini polas rúas do casco vello da vila. Xa pola noitiña haberá churrascada no colexio Santa Leonor e a partires das once da noite comezará a ruta de bengalas “na honra aos compañeiros caídos en estrada”.

O prato forte chegará a partires da media noite, coa exhibición acrobática na rúa San Martiño a cargo de Paulo Martinho. Ao remate, xa de madrugada terá lugar a actuación musical de Los Correctos, unha actividade patrocinada pola Asociación Antigos Alumnos Santa Leonor-Virxe da Luz.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button