ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Concentración no Barco “contra os parricidios e asasinatos machistas”

 

A partir das 22h. a praza do Concello do Barco acollía unha concentración na que a veciñanza amosaba con candeas acesas o seu rexeitamento aos “parricidios e asasinatos machistas que están a conmocionarnos como sociedade nesta última semana”. Facíase unha referencia clara ás meniñas Olivia e Anna e a Rocío, á última vítima de violencia de xénero. Estes tres nomes aparecían escritos en globos de cor violeta. Tamén se acendía unha candea, xusto á entrada da porta do Concello barquense na súa memoria.

Os asistentes, entre os que estaba o tenente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso, realizaban diversas intervencións nas que facían fincapá na importancia de educar en igualdade ás futuras xeracións.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button