EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Concentración no Barco en defensa do sistema público de pensións

“Polo sistema público de pensións e o emprego”. Baixo este lema tiña lugar no mediodía do 1 de marzo unha concentración na praza do Concello do Barco co fin de reivindicar a necesidade de revalorizar as pensións.

Dende o colectivo de Pensionistas de Valdeorras destacábase a “boa acollida que tivo a nosa primeira concentración, na que a pesares das inclemencias do tempo sabemos que houbo entre 225 e 260 maiores enchendo a praza do concello de O Barco”. Nesta concentración reuníanse ademais 210 sinaturas á petición conxunta de CCOO e UGT sobre a retirada do 0,25%.

Esta mobilización estaba convocada a nivel galego pola Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO Galicia. No caso da provincia de Ourense as concentracións tiñan lugar no Barco e na cidade das Burgas, neste último caso diante do INSS.

A intención deste colectivo de Pensionistas de Valdeorras é continuar mobilizándose. De feito, xa teñen data para o seguinte acto, que será o día 22 de marzo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button