Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Concentración no Barco en defensa da sanidade pública galega

O exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco, convertíase novamente en escenario dunha concentración en defensa do sistema da sanidade pública galega no mediodía do 13 de xuño. Neste acto, convocado por SOS Sanidade Pública, podían lerse pancartas con lemas como “contra o peche de camas” ou “sanidade digna”.

Nesta acción reivindicativa criticábase a reforma da Lei Galega de Saúde e o seu uso para “desmantelar as áreas sanitarias e os hospitais”, así como a “redución de prazas e precarización das condicións laborais”, entre outras cuestións.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button