EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Concentración no Barco en defensa do “sistema público de pensións”

Continuarán celebrándose cada luns do mes de outubro ás 12h. na praza do Concello

Na rúa volven a defender os xubilados valdeorreses o “sistema público de pensións”. Este 8 de outubro comenzaban unha serie de concentracións que se repetirán cada luns deste mes ás 12h. na praza do Concello do Barco, baixo o lema “En defensa do sistema público de pensións, hoxe, mañá e sempre” e “por unhas pensións dignas”. Están convocadas polo sindicato CCOO e polo Colectivo de Pensionistas de Valdeorras.

Na celebrada neste mediodía un dos voceiros deste colectivo, Lolo Gómez, lembraba as reivindicacións que motivan estas concentracións e aseguraba que “ata que non se plasmen nunha lei seguiremos mobilizándonos”. Entre esas demandas están a subida das pensións conforme ao IPC e “que se garanta un sistema de pensións dignas de por vida”. Tamén se reivindica que non haxa ningunha pensión por baixo do salario mínimo interprofesional.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button