ConcellosÚltima hora

Concentración no Barco para rexeitar o asasinato machista de Vilalba

 

A praza do Concello do Barco acollía a partires das oito da tarde deste martes 23 de xullo unha concentración para rexeitar a recente morte dunha muller en Vilalba a causa da violencia de xénero. A convocatoria viña do conxunto do movemento feminista galego local/nacional.

A concentración finalizaba coa lectura dun manifesto a cargo de Sofía Carril. Nel asegurábase que “hoxe estamos nas rúas para denunciar que os asasinatos machistas non son produto dun trastorno psicolóxico, son o resultado do control” e porque “é urxente que, dunha vez por todas, se faga unha cobertura dos feminicidios con perspectiva de xénero, que se abran discusións sobre o machismo e a violencia nas escolas”.

 

 

Ademais no manifesto esixíase que “a Lei Galega de violencia de xénero sexa efectiva, esiximos recursos e un compromiso de vontade real”. E anunciábaxe que “seguiremos saíndo ás rúas tras cada asasinato machista. Farémolo todos os días que sexan necesarios, esixindo xustiza, loitando pola igualdade e polo respecto”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button