SanidadeÚltima hora

Concentración no HCV sobre o ébola

Concentración sobre o ébola á entrada do HCV.
Concentración sobre o ébola á entrada do HCV.

Traballadores do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) concentrábanse na mañá do 13 de outubro na entrada principal deste centro hospitalario barquense para protestar fronte á xestión que se está a realizar da enfermidade do ébola. Ademais os participantes portaban unha serie de folios con diversas consignas reivindicativas.

Este acto foi convocado por diversos sindicatos do ámbito sanitario que destacaban “a desinformación, falta de formación e adestramento de profesionais ante as actuacións concretas” fronte a esta grave enfermidade e tamén pedían “planificación, adestramento e formación” .

Detalle das pancartas que portaban algúns dos participantes na concentración.
Detalle das pancartas que portaban algúns dos participantes na concentración.

Artigos relacionados

Back to top button