ConcellosÚltima hora

Concentracións, cine e teatro polo Día da Muller no Barco

O concelleiro de Servizos Sociais, Orlando Saavedra, co cartel dos actos do Día da Muller no Barco.

Con cine comezarán no Barco os actos organizados pola Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade para celebrar o Día Internacional da Muller. Así os días 7 e 8 de marzo proxectarase (en colaboración co Cine Club Groucho Marx) o fime “La batalla de los sexos”.

Para o día 8 de marzo está prevista unha concentración ás 13h. na praza do Concello do Barco na que se dará lectura a un manifesto apoiando ás reivindicacións e dereito das mulleres e en apoio da folga de mulleres convocada polo movemento feminista e sindicatos. Neste acto o concelleiro de Servizos Sociais do Barco, Orlando Saavedra, pídelle aos colexios e institutos do municipio que se sumen a este acto. Ese mesmo día ás 20h. na praza do Concello terá lugar unha nova concentración convocada polos sindidatos.

Finalmente, o día 9 de marzo ás 21h. representarase a obra de teatro “Nacidas Libres” no Teatro Lauro Olmo.

Artigos relacionados

Back to top button