SanidadeÚltima hora

Concentracións comarcais de CIG-Saúde polo “emprego digno no Sergas”

Unha delas tiña lugar na entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco
Persoas participantes na concentración de CIG-Saúde ás portas do HCV./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Persoas participantes na concentración de CIG-Saúde ás portas do HCV./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Unhas 30 persoas se concentraban na mañá do 3 de decembro ás portas do Hospital Comarcal de Valdeorras no Barco. Esta era unha das concentracións convocadas en todas as áreas sanitarias de Galicia por CIG-Saúde “en demanda da cobertura de todas as ausencias do persoal do SERGAS, polo correcto uso das listas Pool e para esixir que rematen os contratos por horas ou días”.

Esta central sindical sanitaria reclama asemade “que a contratación sexa nominal atendendo ao principio de causalidade; a supresión da taxa de reposición e a convocatoria de OPE co 100% das prazas de todas as categorías”.

A concentración tiña lugar ás 11:30h. no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A concentración tiña lugar ás 11:30h. no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Estaban tamén convocadas concentracións na cidade de Ourense, na Coruña, Ferrol, Santiago, Barbanza, Pontevedra, Vigo, Lugo e Burela.

Artigos relacionados

Back to top button