EconomíaEconomíaÚltima horaXinzo de Limia

Concentracións de gandeiros ourensáns en Xinzo pola caída de prezos de carne en orixe

 

Xinzo de Limia convertíase en escenario ás 11h. desta mañá dunha concentración de gandeiros ourensáns, promovida dende Unións Agrarias, para sensibilizar sobre a delicada situación que vive o sector da carne de vacún.

Piden solucións “á situación de emerxencia que afecta aos gandeiros de vacún de carne da provincia de Ourense pola caída de prezos en orixe e o peche das canles de comercialización”.

Durante a protesta, que tiña lugar ás portas dun supermercado, informábase aos consumidores “do enorme diferencial existente entre o que pagan no supermercado pola carne e o prezo que reciben os produtores polos becerros”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button