ConcellosÚltima hora

Concentracións en solidariedade cos atentados de París

O alcalde barquense, intervindo ao comezo do acto./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O alcalde barquense, intervindo ao comezo do acto./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Diferentes concellos galegos e doutros puntos de España gardaban ás doce do mediodía do 15 de novembro un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado múltiple de París e en solidariedade coas familias e coa sociedade francesa. No caso de Galicia esta convocatoria realizábase dende a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que preside o alcalde barquense Alfredo García.

Participantes na concentración celebrada no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Participantes na concentración celebrada no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Entre esas concentracións estivo a do Barco, na que participaban membros da Corporación, así como veciños da localidade. Ao comenzo do acto, o rexedor expresaba a súa repulsa aos atentados e a solidariedade do Concello do Barco ante os feitos acontecidos e anunciaba que o luns 16 de novembro ás 12h. haberá unha nova concentación, desta volta convocada polo goberno central, ante o Concello. De seguido, e tras gardar un minuto de silencio, o encontro remataba cun aplauso.

A imaxe repetíase tamén noutras cidades galegas como é o caso de Monforte de Lemos. Así a Corporación local monfortina concentrábase este mediodía diante do Concello para amosar o seu rexeitamento ao terrorismo tralos atentados de París.

Concentración no Concello de Monforte./ Foto cedida.
Concentración no Concello de Monforte./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button