Concentracións nos concellos do oriente ourensán contra a reforma da Lei de Saúde

Terán lugar o 24 de xaneiro pola mañá nos concellos da área sanitaria do Barco así como nos centros de saúde e ás 20h. na praza do Concello do Barco

Coincidindo co inicio dos trámites parlamentarios para aprobar o proxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia, a Plataforma Sanitaria de Valdeorras está a preparar unha serie de mobilizacións en diferentes puntos do oriente ourensán para pedir a retirada do citado texto normativo.

Neste senso vaise convocar unha serie de concentracións de cara ao vindeiro 24 de xaneiro, coincidindo coas previstas nas outras tres áreas sanitarias cuxa supresión contempla a reforma da Lei. Así ao mediodía do 24 de xaneiro celebraranse concentracións nos concellos pertencentes á área sanitaria do Barco e nos centros de saúde, agás no Barco, onde terá lugar ás 20h. na praza do Concello.

Estas cuestións acordábanse na asemblea aberta que a Plataforma Sanitaria de Valdeorras celebraba na tarde do 10 de xaneiro no edificio multiusos do Barco. A ela asistían concelleiros de diferentes municipios de Valdeorras, entre eles do Barco, Orlando Saavedra, voceiro desta entidade; así como o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez, o deputado Davide Rodríguez de En Marea, membros da xunta de persoal do hospital e representantes sindicais.

No decurso da reunión facíase balance do traballo realizado ata o de agora dende a plataforma para pedir a retirada do proxecto de lei e tamén se abordaba a preparación das novas mobilizacións como as xa citadas do 24 de xaneiro, así como a gran manifestación que se realizará en Santiago o 4 de febreiro, coa participación das plataformas das outras tres áreas sanitarias afectadas polo cambio na normativa: Monforte de Lemos, A Mariña Lucense e O Salnés.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies