SanidadeÚltima hora

Concentracións ourensás contra a oferta da OPE

Concentración diante da entrada do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.
Concentración diante da entrada do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

Ao longo da mañá do 3 de marzo tiñan lugar en Galicia diversas concentracións convocadas polas centrais sindicais para manifestar o seu rexeitamento á “ridícula oferta da OPE do Sergas”. Estes actos reivindicativos desenvolvíanse en todas as áreas. No caso da provincia de Ourense tiñan lugar dúas ás 11h. Unha delas na capital na porta principal do Complexo Hospitalario Universitario Ourensán (CHUO) e a outra na entrada do Hospital Comarcal Valdeorras no Barco, á que corresponden estas imaxes.

Algúns dos cartaces que portaban os participantes na concentración./ Foto: Mónica G. Bellver.
Algúns dos cartaces que portaban os participantes na concentración./ Foto: Mónica G. Bellver.

Os convocantes piden “emprego para todos” e esixen que se “convoquen todas as prazas vacantes de todas as categorías”. Ademais adiantan que estas concentracións son a antesala cunha manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 10 de marzo.

Artigos relacionados

Back to top button