CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto 10º aniversario de Son do Sil, o 2 de decembro no Barco

A agrupación valdeorresa compartirá escenario con Dos Orillas de Valladolid
Actuación de Son do Sil este verán en Trives.

Oito meses despois de presentar o seu novo disco “10 años contigo” nun abarrotado Teatro Lauro Olmo, e tras unha intensa xira por diferentes pobos e cidades, Son do Sil volverá actuar en casa, no Barco de Valdeorras. Será o 2 de decembro na praza Maior, no concerto do 10º aniversario no que estarán acompañados por Dos Orillas, grupo nacido en 2011 en Valladolid que intepreta “música de todos os xéneros e ritmos con estilo propio”, tal como eles mesmos explican.

A actuación, na que Son do Sil fará un repaso polos mellores temas do seu novo disco, comezará ás 19h. e instalarase unha carpa para o público con servizo de comida e bebida (chourizos, panceta, castañas e viño novo).

Artigos relacionados

Back to top button