CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Coro da Universidade CEU San Pablo dará un concerto en Parada de Sil

Terá lugar o domingo 12 de xuño no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil
Interior do templo do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.
Interior do templo do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

A partires das 11:30h. do vindeiro domingo 12 de xuño o Coro da Universidade CEU San Pablo, baixo a batuta de José María Álvarez Muñoz, dará un concerto no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil). Esta actuación, que leva o título “I’LL MAKE MUSIC”, contará cun programa con obras de recoñecidos autores do século XX.

Así o concerto iniciarase con “The peace makers: Healing light”, de K. Jenkins, e seguirá con “Epitafios del Quijote”, de R. Halfter; “Cantante Domino” e “Ubi Caritas”, de J. Elberdin; Gloria: I’ll make music”, de K. Jenkins; “Salmo 150”, de E. Aguiar; “O Nata lux”, de M. Lauridsen; “Exultate Deo”, de A.J. Alcaraz; “Gloria de la Missa Kenya”, de P. Basler (solistas, Alicia Baudot e Marina Bibiloni); “Negra sombra”, de J. Montes; “Adiós Nonino”, de A. Piazzola, con arranxos de L. Cangiano);” Duerme negrito”, de Atahualpa Yupanki, con arranxos de E. Sole (solista: Beatriz Mel); “Berimbao”, de B. Powell e V. de Moraes, con arranxos de A. Teixeira); “Lima de veras”W (Chabuca Grande, con arranxos de G. Giono; “Maturana”, de G.C. Leguizamón, M.J. Castilla, e arranxos de H. de la Vega (solistas: Elena Villar, Santiago Fabregat e Álvaro Cabaleiro); “Bésame mucho”, de C. Velázquez, con arranxos de J. Galván; “Guantanamera”, de E. Silva (solistas: Marina Bibiloni, Laura Martínez e Manuel Torrado. O programa pecharase con “Mediterráneo”, de Joan Manuel Serrat.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close