CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto da Banda de Música do Barco no día grande da Santa Rita

Con “Daniel Blasco” concluía o concerto que a Banda de Música do Barco ofrecía no mediodía do 22 de maio na vila con motivo das Festas da Santa Rita. Malia ao calor, numerosas persoas seguían esta actuación que se celebraba nunha soleada praza José Otero.

A formación, dirixida por Manuel Prada Ramos, despregaba un variado repertorio no que faltaban pezas habituais como o pasodobre “Amparito Roca”, así como novidades como “Cinema Paradiso”, xunto coa banda sonora doutros filmes como “Gladiator”. Había tamén pezas como “Abba Gold”, “New York, New York” ou “Umha noite en Lisboa”. Xa nos bises, a banda tocaba, ao final da actuación, “Daniel Blasco”.

Ademais deste concerto, a Banda de Música do Barco tocaba durante o percorrido da procesión da Santa Rita, que comezaba ás 12h. dende a igrexa que leva o nome desta santa.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button