ConcellosÚltima hora

Concerto da Banda de Música do Barco o día grande da Santa Rita na vila

O 17 de maio, con motivo das Letras Galegas, a formación que dirixe Manuel Prada tamén actuaba en Maceda
Concerto da Banda de Música do Barco no concerto da Santa Rita do pasado ano./ Foto: A.R.

En apenas unha semana, a Banda de Música do Barco conta con dúas actuacións. O pasado 17 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas, daba un concerto en Maceda. E o vindeiro 22 de maio ofrecerá outra actuación no día grande das Festas da Santa Rita no Barco.

Así a formación que dirixe Manuel Prada Ramos fará un pasarrúas, acompañará á procesión ás 12h. e, finalmente, despois da misa ofrecerá o seu tradicional concerto das festas.

 

Actuación da Banda de Música en Maceda./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button