CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto da Coraliña Cantora de Trives na igrexa de Vilanova (O Barco)

O coro infantil de Trives actuou convidado pola Asociación Cultural O Mosteiro

Un ano máis o coro de voces brancas Coraliña Cantora de Trives amenizaba, coas súas doces melodías, o Nadal en Vilanova (O Barco de Valdeorras).

Convidados pola Asociación Cultural O Mosteiro, os cativos dirixidos por Sandra González protagonizaban na tarde do 28 de decembro, o concerto de Nadal na igrexa de Santa María para despedir musicalmente o ano.

Trala actuación, con temas como DodiliKeshet l’vanaSiempre ou Kusimama, os cativos desfrutaban dunha merenda na que non faltaron lambetadas, por xentileza da asociación cultural.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button