CulturaMúsicaÚltima hora

Concerto da Escola de Música de Ribas de Sil en Quiroga

A actuación, que se celebrará mañá 28 de marzo no auditorio, ten un carácter benéfico
Membros da Escola Municipal de Música de Ribas de Sil.
Membros da Escola Municipal de Música de Ribas de Sil.

Mañá sábado 28 de marzo celebrarase no Auditorio Municipal de Quiroga un concerto solidario a cargo da Escola Municipal de Música de Ribas de Sil.

Dende a Asociación Cultural A Curuxa, explican que pretenden conseguir unha cadeira especial para facilitar o transporte en coche a un neno da comarca con parálise cerebral. A cadeira está valorada en 1.200 euros e para conseguilo contan coa Escola de Música do Concello de Ribas de Sil, formado por nenos de Quiroga e San Clodio, que “nos últimos meses veñen realizando concertos solidarios en diversos concellos da provincia de Lugo” din, e que mañá actuarán en Quiroga ás 19h.

As entradas poderán mercarse no propio auditorio por 3 euros con FILA 0 para a xente que non poda asistir ao concerto pero queira contribuír.

Artigos relacionados

Back to top button