Concerto da pianista trivesa María Domínguez na casa

Ofrecía un recital na tarde do 7 de xuño ante numerosas perosas no Auditorio Julio Vázquez

Co público en pé e cunha gran ovación finalizaba o concerto que a pianista María Domínguez ofrecía na súa vila natal, Trives, na tarde do 7 de xuño. O seu concerto, co que practicamente enchía o Auditorio Julio Vázquez, iniciábase coa “Sonata K. 9” de Scarlatti.

A partir de aí Domínguez despregaba un repertorio con composicións como “Fantasía nº. 2, K. 396” de Mozart, “Balada nº 2” de Liszt, “Estudos Op. 42” de Rautaavara, “Série Blanche” de Pierre Jodlowsky e “Dart” de Benjamin Van Esser.

 

 

 

María Domínguez está especializada na música contemporánea e está a desenvolver a súa carreira tanto como solista como en diferentes agrupacións orquestrais, de cámara e proxectos interdisciplinares en terras belgas. Na súa traxectoria musical conta con concertos, gravacións, investigacións e varios galardóns e recoñecementos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies