OurenseÚltima hora

Concerto da Real Filharmonía de Galicia este xoves no Teatro Principal

A actuación enmárcase no ciclo Enclave de Cámara e terá lugar ás 20:30 horas
O violinista principal da orquestra, James Dahlgren, actuará á vez de director no concerto deste xoves en Ourense.
O violinista principal da orquestra, James Dahlgren, actuará á vez de director no concerto deste xoves en Ourense.

O Teatro Principal de Ourense acolle este xoves 6 de outubro un concerto da Real Filharmonía de Galicia. Será unha actuación prevista para as 20:30 horas, que se enmarca no ciclo de Enclave de Cámara. É o pistoletazo de saída da sexta edición deste circuíto musical. O violinista principal, James Dahlgren, será tamén o que exerza de director.

Entre o repertorio que interpretará a orquestra, figuran pezas como a “Marcha para tres trompetas”, do compositor alemán Carl Philipp, ou a “Sinfonía para cordas nº2”, do compositor romántico alemán Felix Mendelssohn. Tamén se poderá escoitar a “Sonata en Re”, do italiano Petronio Franceschini, “Fanfarria para St. Edmundsbury”, do británico Benjamin Britten e as obras “Suite Holber” e “Dúas melodías”, de Edvard Grieg.

 

Artigos relacionados

Back to top button