OurenseÚltima hora

Concerto da Real Filharmonía de Galicia, mañá 3 de decembro, no Auditorio Municipal de Ourense

No marco do ciclo "Enclave de Cámara" será unha homenaxe a Beethoven no 250º aniversario do seu nacemento

 

A Real Filharmonía de Galicia participa esta semana en Ourense na oitava edición do ciclo “Enclave de cámara”. O concerto celebrarase mañá, xoves 3 de decembro, no Auditorio Municipal, a partir das 20:30 horas. Dirixirá o concerto o Mestre Maximino Zumalave, director asociado da RFG.

O concerto, coas entradas xa esgotadas, será unha homenaxe a Beethoven (1700-1827) no 250º aniversario do seu nacemento. Comezará coa Abertura Coroliano, que o compositor escribiu como introdución musical a unha traxedia do xurista e poeta alemán Heinrich Joseph von Collin, secretario da corte do emperador de Austria, a quen lla dedicou expresamente. A obra céntrase no antigo líder romano Cayo Marcio Coroliano, que decide invadir Roma pero, asombrado pola súa maxestosidade, retrocede e se suicida.

A continuación soará a Sinfonía nº 3, popularmente coñecida como Heroica. Está considerada por moitos como o amencer do romanticismo musical, debido a que rompe con varios esquemas da tradicional sinfonía clásica. Inicialmente Mozart dedicoulla a Napoleón Bonaparte como “liberador” de Europa. Beethoven admiraba os ideais da Revolución francesa encarnados na figura de Napoléon, pero cando este se autocoronó emperador, parece que o compositor se desgustou tanto que borrou o seu nome da páxina do título. Cando se publicou a obra no ano 1806, Beethoven deulle o título de Sinfonía Heroica, composta para festexar o recordo dun gran home.

Artigos relacionados

Back to top button