OurenseÚltima hora

Concerto de 2naFronteira no Liceo de Ourense

O dúo formado por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli presentan o seu novo traballo “Sons de Nós”
2naFronteira: Carmen Penim e Maurizio Posinelli.
2naFronteira: Carmen Penim e Maurizio Posinelli.

Trasmitir “o entusiasmo da xente que formaba parte da Revista Nós” é segundo Carmen Penim, integrante do dúo 2naFronteira, o que pretenden transmitir á xente que asista ao concerto que darán esta tarde no Liceo de Ourense.

A partires das 20:30h. Penim e Maurizio Polsinelli presentarán en directo o seu novo traballo “Sons de Nós” gravado en Casa de Tolos por Segundo Grandío no verán de 2015, co que fan unha homenaxe ás nosas letras musicando poemas da Revista Nós.

Durante o concerto, 2naFronteira estarán acompañados por diversos músicos como Pablo Rodríguez, guitarrista clásico de destacada traxectoria a nivel europeo, ou Carmen Gallego.

O traballo consta de doce temas entre os que podemos atopar “Noite” de Blanco Amor, “Alciprés” de Xosé Velo, ou “Na cova de Rosalía” de Otero Pedrayo.

Artigos relacionados

Back to top button