CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Concerto de Broken Peach, en Viloira (O Barco)

 

Dentro do programa de actividades vinculadas á Denominación de Orixe Valdeorras nesta fin de semana en Viloira (O Barco), tiña lugar na noite do 10 de xullo un concerto da banda viguesa Broken Peach, coñecido polas súas versións de grandes éxitos, que despregaban sobre o escenario xunto cunha coidada posta en escena.

A actuación, organizada polo Concello do Barco, comezaba arredor das 22:30h. na praza de Viloira e desenvolvíase con medidas de seguridade fronte ao Covid, con aforo limitado, público sentado en cadeiras e distancia de seguridade. No desenvolvemento deste acto contábase co apoio da Policía Local do Barco e dos voluntarios da Agrupación de Protección Civil.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button