ConcellosÚltima hora

Concerto de Caxade no Teatro Lauro Olmo do Barco

Actuarán a partires das oito e media da tarde deste xoves 16 de maio no marco da “Semana das Letras”
Caxade.

 

A música é outro dos ingredientes do programa deseñado dende a Concellería de Cultura do Barco para festexar a “Semana das Letras Galegas”. Así neste xoves 16 de maio a partires das 20:30h. e con entrada libre terá lugar un concerto de Caxade no Teatro Lauro Olmo da vila. Malia que nun principio a actuación estaba prevista na praza Maior, por mor do tempo tense cambiado de escenario.

Caxade (Premio Martín Códax 2016 na categoría de Folque) é o proxecto persoal de Alonso Caxade. Fan “folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa”.

Artigos relacionados

Back to top button