EconomíaEconomíaMúsicaÚltima horaViticultura

Concerto de Ensemble Hotteterre, entre barricas na Rúa

Este grupo, que recupera o repertorio historico-erudito da gaita , actuará o 30 de xuño na Adega Joaquín Rebolledo
Cartel promocional do concerto.

É unha das formacións máis singulares relacionadas coa gaita. Ensemble Hotteterre dedícase ao estudo e interpretación do repertorio historico-erudito da gaita de fole anterior a 1800. Toma o seu nome dun ilustre compositor, gaiteiro, frautista e construtor de instrumentos do século XVIII.

O vindeiro 30 de xuño poderase desfrutar en directo da súa música nun concerto que terá como escenario ás 19h. a sala de barricas da Adega Joaquín Rebolledo na Rúa. Ensemble Hotteterre está formado por Paulo Gonçalves (gaita de fole); Ánxela Vidal (gaita de fole); Xurxo Fernández (gaita de fole) e Miguel Bellas (tiorba).

As invitacións (máximo dúas por persoa) poden retirarse en horario de 9:00 a 14:00h nesta mesma adega. O aforo máximo será de 50 persoas. De seguido, no xardín, terá lugar un “pincha e cata” ao prezo de 10€/persoa

Artigos relacionados

Back to top button