CulturaCulturaEducaciónMúsica

Concerto de fin de grao profesional de tres alumnos do Conservatorio do Barco

Uxía Vidal, Marina Fernández e Daniel García rematan a súa formación neste centro de ensinazas musicais

Frauta, piano e saxofón. Son os instrumentos nos que veñen de rematar a súa formación no Conservatorio do Barco outros tantos alumnos: Uxía Vidal, Marina Fernández e Daniel García. Como despedida especial desta etapa, os tres ofrecían na tarde do 25 de xuño un concerto de fin de grao profesional que enchía o Teatro Lauro Olmo do Barco.

A primeira en saír ao escenario era Uxía Vidal Díaz que interpretaba ao piano “Seguiriya” (Turina) e “Nuvole Bianche” (Ludovico Einaudi). Despois, formando un trío con Silvia Álvarez Lozano (violín) e Marina Fernández (frauta), tocaba “Mel Bonis”.

O concerto continuaba da man de Marina Fernández González, que facía soar na frauta “Sonata” de Francis Poulenc. Despois, Daniel García Parra (saxofón) intepretaba, acompañado ao piano por dous profesores, o “Concerto Nº1 en Sol M” de Ronald Binge.

Finalmente, Daniel García, Uxía Vidal e Marina Fernández xuntábase para tocar o “Epitafio de Jean Harlow”, entre outras pezas. O acto remataba coa intervención da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, que lles entregaba uns agasallos a estes músicos formados no Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button