CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de graduación de 8 alumnos do Conservatorio do Barco

Publicidade

 

O Conservatorio de Música do Barco poñía o broche definitivo a este curso 2021/22 cun concerto na tarde do 30 de xuño no Teatro Lauro Olmo da vila no que actuaban oito alumnos que se veñen de graduar: María Vidal García (en gaita), Alicia Ruiz Domínguez (frauta), Sofía Álvarez Fernández (piano), Hugo Neira Voces (gaita), Sara González Estévez (violín), Claudia González García (saxofón), Iria Rodríguez Rodríguez (frauta) e Mauro Docampo Gacio (gaita).

Ademais de interpretar temas en solitario, tamén actuaban formando dúos e acompañados ao piano por Lorena Blanco, José Romero e Miguel Angel Forneiro.

Numerosas persoas asistían a este concerto de graduación, entre elas a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, quen lles entregaba un agasallo de despedida aos alumnos que se graduaban neste curso.

 

 

 

O programa do concerto de graduación do Conservatorio do Barco era o seguinte:

*Sofía Álvarez-Iria Rodríguez-Sara González
Serenade …………………………………………………………… Mel Bonis

*María Vidal García (Gaita)
Capricho de gaita ……………………………………………. Agustín Sánchez

*Alicia Ruiz Domínguez (frauta)
Allegro malinconico ……………………………………….. Francis Poulenc

*Sofía Álvarez Fernández (piano)
Cádiz …………………………………………………………….. Albéniz

*Hugo Neira Voces (gaita)
Fantasía popular para gaita e piano ………………… Ernesto Campos

*Sara González Estévez (violín)
Concierto en SolM Nº2 …………………………………… Haydn

*Claudia González García (saxofón)
Fantaisie …………………………………………. Jules Demersseman

*Iria Rodríguez Rodríguez (frauta)
Adagio Concerto en SolM ………………………… Mozart

*Mauro Docampo Gacio (gaita)
Redondelana ………………………………………………. Ernesto Campos

*Claudia González- Alicia Ruiz
Piece romántique ………………………………………… F. Gaubert

*Hugo Neira –Mauro Docampo
Seareira …………………………………………………….. Ernesto Campos

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button