CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Kaleidoscope Trío, o 12 de agosto en Teimende (Parada de Sil)

 

Cita coa música o vindeiro xoves 12 de agosto na localidade de Teimende (Parada de Sil). A Adega Icatú convertirase en escenario do trío Kaleidoscope a partir das 20h. Este grupo (saxo, contrabaixo e percusión) ten un “son que viaxa polos camiños do jazz, do folclore colombiano, as nanas cubanas, as zambas arxentinas… músicas populares e sonoridades jazzísticas fusionadas e presentadas nun delicadísimo directo”, tal e como destacan dende Icatú.

A entrada ao concerto ten un prezo de 10 euros. O aforo é limitado e as entradas poden reservarse en ecosdapedra@gmail.com ou por whatsapp no 650605152.

Artigos relacionados

Back to top button