OurenseÚltima hora

Concerto de música barroca o 25 de setembro no Claustro de San Francisco (Ourense)

A actuación "Ensemble Hotteterre no Camiño: a gaita de fole no Barroco" comezará ás 20:30h.

Ensembre Hotteterre.

O claustro de San Francisco, en Ourense, acollerá o vindeiro mércores, 25 de setembro, unha nova cita coa música de cámara, co concerto Essemble Hotteterre no camiño: a gaita de fole no barroco. Será ás 20:30 horas, con entrada gratuíta.

O concerto do grupo de cámara residente da Fundación Vicente Risco está organizado pola Fundación coa colaboración da Xunta de Galicia dentro da programación do Xacobeo 2021, e do Concello de Ourense, e  pretende “dar a coñecer as innovacións que no mundo da música de cámara realizou Jacques-M. Hotteterre, músico da corte de Luís XIV e Luís XV de Francia, e un dos máximos representantes do uso da gaita da denominada música erudita”.

Ensemble Hotteterre está formado por Paulo Gonçalves (dirección e gaita de fole), Ánxela Vidal Trabada (gaita de fole), Xurxo Fernández (gaita de fole), Hugo Sanches (tiorba) e Xurxo Varela (viola de gamba).

Artigos relacionados

Back to top button