CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música do Barco enche o Teatro Lauro Olmo

Os alumnos e os profesores do Conservatorio e da Escola de Música do Barco subíanse na tarde do 20 de decembro ao escenario do Teatro Lauro Olmo nun concerto de Nadal cheo de ritmo, con pezas moi variadas, moito cor e tamén con algunha que outra sorpresa.

Así, ao final da actuación, nun dos temas interpretados por alumnos xunto ao profesor Manuel Prada, saían ao escenario un grupo de bailarinas de danza clásica da Academia Bayadère do Barco para acompañalos. Numerosas persoas seguían este concerto, de case hora e media de duración, que enchía o Teatro Lauro Olmo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button