ConcellosÚltima hora

Concerto de Nadal da Banda de Música do Barco en Dehesas

A formación, que dirixe Manuel Prada Ramos, actuaba nesta localidade ponferradina o 17 de decembro

A igrexa parroquial de San Pedro acollía na tarde do 17 de decembro o concerto de Nadal que a Banda de Música do Barco ofrecía en Dehesas (Ponferrada). Numerosas persoas congregábanse neste templo para desfrutar dunha actuación na que a formación barquense, que dirixe Manuel Prada Ramos, interpretaba un amplo repertorio. Comezaban co pasodobre “Amparito Roca” e incluía pezas como “Moliendo café”, “Fiesta en la caleta”, “Cartoons in concert”, “No llores por mí Argentina” ou bandas sonoras de filmes como Gladiator, Piratas del Caribe, Flash Dance ou Juego de Tronos.

E como broche, a banda, formada por medio cento de músicos de diferentes idades, tocaba varias composicións propias do Nadal: os villancicos “Campana sobre campana”, “Blanca Navidad”, “Arre borriquito”, “Jingle Bells” e “Feliz Navidad”. Este é a terceira actuación que realiza a Banda de Música do Barco fóra da vila no que vai de decembro, tras estar no programa televisivo “Luar” e tocar na cidade de Ourense con motivo do acto institucional do Día da Constitución.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button