CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto de Nadal da Banda de Música do Barco e do Orfeón Valdeorrés

Coa interpretación conxunta de “Blanca Navidad”, “Gingle Bells” e “Campana sobre campana” concluía na noite do 22 de decembro o tradicional concerto de Nadal do Orfeón Valdeorrés e da Banda de Música do Barco na igrexa de Santa Rita.

A actuación, que enchía o templo barquense, comezaba da man do Orfeón Valdeorrés, dirixido por José Ramón Mansilla, que cantaba media ducia de vilancicos, entre eles “Txoria Txori”, “Las aves se alegran”, “Heaven” ou “Zambra de la Navidad”. De seguido, ocupaban o escenario o medio cento de membros da Banda de Música do Barco que comezaban tocando, baixo a batuta de Manuel Prada Ramos, “Abba Gold”, seguida de pezas como “Glenn Miller in concert”, “Xogo de Tronos” ou “De Granada a Damiel”, entre outros temas.

Ao final do concerto, que estivo presentado por Jaime Dosouto, a presidenta do Orfeón Valdeorrés, Remedios Arias, entregáballe un agasallo ao director da Banda de Música, Manuel Prada Ramos. Ambas formacións agradecían tamén ao párroco barquense a posibilidade de actuar novamente na igrexa de Santa Rita.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button