CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de “Os Escaravellos” na Veiga polas Letras Galegas

Este grupo tradicional actuará este domingo 19 de maio ás 19h. na sala do Toural
Os Escaravellos./ Foto: Lisi Novas.

 

No marco da conmemoración das Letras Galegas, o domingo 19 de maio terá lugar na Veiga un concerto do grupo “Os Escaravellos”. Está programado para as 19h. na sala de conferencias do Toural. Con este acto pretende facerse “unha homenaxe ás mulleres da Veiga que colaboraron na recuperación das cantigas populares no concello”, segundo o Concello.

Ademais, para o 24 de maio está previsto un concerto a cargo da Escola de Música do Concello da Veiga, tamén ás 19h. no Toural coa participación do grupo de pandeireteiras e da Banda de gaitas, da Coral Voces de Trevinca e do grupo de saxofóns.

 

Artigos relacionados

Back to top button