CulturaMúsicaSen categorizarÚltima hora

Concerto de primavera na igrexa de Santa Eufemia de Ourense

A Asociación Cultural de Amigos do Órgano “Un rato no tubo” organiza a actuación para o 25 de abril ás 20:30h.

CONCERTO PRIMAVERA

Co propósito de converterse “nun elemento dinamizador para a sensibilización da ciudadanía en valores como a conservación, o coñecemento e a protección e restauración/rehabilitación do patrimonio organístico de Ourense”, a finais de 2010 nacía a Asociación Cultural de Amigos do Órgano “Un rato no tubo”, formada por un grupo de alumnos, persoas interesadas neste instrumento e a súa música, e a profesora de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Marisol Mendive.

Ese colectivo, convida a todo aquel que esté interesado, a un concerto de primavera previsto para o sábado 25 de abril na igrexa de Santa Eufemia de Ourense a partires das 20:30h.

O concerto correrá por conta de Marisol Mendive Zabaldica que tocará o órgano Walcker da igrexa de Santa Eufemia e Rubén Freire Bermúdez que a acompañará á trompeta.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close