CulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Priscila o 21 de febreiro no Auditorio de Ourense

A banda ourensá subirase ao escenario para presentar o seu espectáculo “Cenizas Tour”
A banda ourensá Priscila.
A banda ourensá Priscila.

O vindeiro sábado 21 de febreiro, Priscila dará un concerto no Auditorio Municipal de Ourense.

A partires das 21h. o grupo ourensán subirase ao escenario para presentar o seu novo traballo “Cenizas Tour”, un espectáculo que mestura a forza e enerxía do directo dunha banda musical con elementos teatrais para crear un concerto diferente, un espectáculo persoal. A danza, o teatro, os elementos escenográficos e a iluminación son aspectos cos que se xoga na creación do espectáculo para xuntar diferentes disciplinas artísticas e mesturalas sobre as táboas creando un xogo multidisciplinar que é absolutamente atractivo para o espectador. Un espectáculo para escoitar pero tamén para mirar.

“Cenizas” o LP que dá nome ao espectáculo, é o primeiro disco de longa duración desta banda, e está formado por once cancións: “Superpunky”, “Hasta los huesos”, “Aquella noche”, “Hoy llueve”, “Vendedor de humedad”, “Romance de autor”, “Caradura”, “Duermo solo”, “Cada siete de abril”, “Caballero de alta mar” e “El hombre del reloj”.

Máis de 200 concertos realizados en Galicia e Madrid, diferentes premios e convites así como 1.000 copias vendidas do seu primeiro EP editado, avalan a traxectoria deste grupo formado en Ourense no ano 2006 influenciado polo amor incondicional ao rock & roll. Oa seus compoñentes son: Fernando González (voz), Miguel Fidalgo (Guitarra), Aitor Fernández (guitarra) e Jorge Iglesias (batería).

Artigos relacionados

Back to top button