CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Raiba no Ruxe Ruxe de Quiroga

A banda do vogalista quirogués Xavinho actuará este sábado 24 de setembro a partires das 24 horas

unknown

Sen perder o estilo punk e harcore “Historias na pel” ten novos guiños á música electrónica. Trátase do novo traballo do grupo Raiba do que forma parte o quirogués Xavier Castro “Xavinho” que fará parada na súa casa, Quiroga, na xira presentación do EP. O lugar elixido é a cervexería Ruxe Ruxe que acollerá o concerto este sábado 24 de setembro a partires da media noite.

Cun directo considerado “dos máis enérxicos do rock galego con guiños electrónicos” Raiba naceu no ano 2009 e conta con tres traballos de estudo: “Por vivir” LP gravado e producido por Javier Abreu e marterizado por Mika Jussila (Finlandia); “Versos de revolta” LP gravado e martirizado en Portugal polo productor Medro Mendes; e “Historias na pel”, EP gravado en Estudos de Pousada Son (Ames).

Con Xavier Castro “Xavinho” como vogalista, completan a formación,   F. Bernardini á batería, Fran J. Castro á guitarra e Borja ao baixo.

 

Artigos relacionados

Back to top button