En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Concerto de Reis da Banda de gaitas do Concello de O Bolo na residencia

 

Ao son das gaitas celebrábase este 6 de xaneiro no Bolo. A residencia da terceira idade deste municipio acollía neste mediodía un animado concerto de Reis da Banda de Gaitas do Concello de O Bolo.

 

 

Durante o mesmo, o alcalde bolés, Manuel Corzo, agasallaba aos membros desta formación musical cunhas chaquetas co logos desta banda (e que levan postas na imaxe superior). Boa parte destes músicos son nenos, algúns, como é o caso de varias meniñas, de moi curta idade.

O acto contaba ademais coa presenza de varios concelleiros do equipo de goberno do Bolo, do director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo, e do profesor da banda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

A integrante máis xove da Banda de gaitas do Concello de O Bolo, tocando a pandeireta./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close