CulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Concerto de Sara Marianovich no Barco

A pianista actuará a favor de Cruz Vermella o venres 23 de xaneiro no Teatro Lauro Olmo
A pianista Sara Marianovich, natural de Belgrado, fixou a súa residencia no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.
A pianista Sara Marianovich, natural de Belgrado, fixou a súa residencia no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

O vindeiro venres 23 de xaneiro, a pianista Sara Marianovich dará un concerto multimedia a favor de Cruz Vermella en Valdeorras. Será no Teatro Lauro Olmo do Barco, a partires das 21 horas e a entrada custará 8 euros, podendo colaborar a través da fila 0, coa aportación económica que se desexe.

Ese mesmo día, remata o prazo de inscrición para o curso de Monitores de Ocio e Tempo Libre organizado por Cruz Vermella Ourense, que se desenvolverá dende o sábado 24 de xaneiro ata o 25 de abril en horario de fin de semana.

En total serán 350 horas lectivas, das cales 200 son teóricas. Nelas o alumnado poderá adquirir os coñecementos necesarios sobre educación ambiental, psicoloxía, obradoiros diversos, psicomotricidade o lexislación, entre outras cuestións, que permitirán a correcta realización de 150 horas prácticas.

O curso está dirixido a persoas maiores de 18 anos que teñan superado o graduado escolar ou a ESO.

Artigos relacionados

Back to top button