CulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Sara Marianovich o 20 de novembro no Barco

A pianista serbia interpretará obras de Mozart, Beethoven, Chopin e Schumann
A pianista Sara Marianovich tras unha actuación na Casa do Río Cigüeño no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
A pianista Sara Marianovich tras unha actuación na Casa do Río Cigueño no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

Mañá, venres 20 de novembro ás 20 horas, Sara Marianovich, pianista serbia residente no Barco de Valdeorras, ofrecerá no Teatro Lauro Olmo un recital con obras de Mozart, Beethoven, Chopin e Schumann.

O acto está organizado pola Concellaría de Cultura e Educación con entrada gratuíta ata completar aforo.

Cunha longa traxectoria musical, Sara Marianovich ten actuado como solista, en dúo e acompañada por orquestras sinfónicas en varios países de Europa e Estados Unidos, realizando tamén diversas gravacións para emisoras de Radio e Televisión.

Nos seus programas de concerto a música española ocupa un lugar destacado, e en especial a obra integral para piano do mestre Joaquín Rodrigo, ao que coñeceu persoalmente, chegando a gravar unha das súas obras para un documental da Televisión RTS. Para Sony Classical realizou no ano 2001, nun dobre CD, a primeira gravación mundial da Obra Integral para piano só de Joaquín Rodrigo.

Artigos relacionados

Back to top button