CulturaCulturaÚltima hora

Concerto de Sheila Patricia no “Terrasón 2020” do Barco

A actuación tivo lugar o sábado 22 de agosto, ás 22:30h, na Praza José Otero

 

O Terrasón 2020″, pecha a súa quinta fin de semana coa actuación de Sheila Patricia. O concerto tivo lugar o pasado sábado, 22 de agosto, ás 22:30h e o emprazamento escollido foi a Praza José Otero, moi preto do Paseo do Malecón. A artista ofreceu un son folk suave e minimalista, acompañada unicamente da súa voz e dunha guitarra acústica.

O evento tivo unha moi boa acollida entre os veciños, que encheron as localidades dispostas pola organización e as terrazas dos locais circundantes. Preto do escenario tamén había un posto de desinfección con xel hidroalcólico a disposición dos asistentes.

O “Terrasón 2020” continúa a fin de semana seguinte coa actuación de Lou & Jane, o 29 de agosto ás 22:30h na rúa Abdón Blanco. O día 30, ás 13:00h, La Buena Vida amenizarán a sesión vermú preto das piscinas municipais. Estes serán os últimos concertos do mes de agosto e, xa en setembro, Miguel Arias, Sito Trío e Los Íñigos pecharán este ciclo musical organizado polo Concello do Barco.

Fotos: Víctor Santos e Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button