SanidadeÚltima hora

Concerto de Son do Sil en Lugo, en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro

O grupo valdeorrés actuará mañá, sábado 26 de outubro, ás 20h. no Círculo das Artes

Presentación do concerto na Delegación da Xunta en Lugo.

 

Mañá sábado 26 de outubro, o grupo valdeorrés Son do Sil dará un concerto en Lugo en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que terá lugar no Círculo das Artes a partir das 20 horas. As entradas poden adquirirse por 6 euros na sede do colectivo en Lugo ou no Círculo (o sábado só no propio Círculo).

A presentación do concerto benéfico tiña lugar esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Lugo coa presenza do delegado José Manuel Balseiro, acompañado entre outras persoas, pola presidenta provincial da AECC, Mari Luz Abella. No acto, Balseiro puxo en valor esta iniciativa solidaria, coa que tamén colabora a Administración autonómica, e resaltou “o labor que desenvolve a asociación na sensibilización sobre esta doenza, no apoio ás persoas que a sofren e ás súas familias e tamén no ámbito da investigación”.

 

Actuación de Son do Sil no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Son do Sil está formado por 32 voces masculinas de gran versatilidade en xéneros e rexistros. Naceu como formación musical no 2007, formando parte del músicos e cantantes de moi diversas procedencias. O nexo entre os seus compoñentes foi a intención de ofrecer ao público concertos en directo de música melódica especialmente boleros e tangos.

O seu repertorio foise ampliando a xéneros tan variados como o pop, o rock ou a música étnica americana, ademais da música galega con cancións e musicalizacións de poemas de autores tales como Manuel María ou Rosalía de Castro.

Artigos relacionados

Back to top button