CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Ton&Teira na adega Joaquín Rebolledo da Rúa

Esta actuación, organizada pola Fundación Vicente Risco, está prevista para o 13 de agosto ás 20h.

 

A Adega Joaquín Rebolledo, na Rúa, será novamente escenario dunha actuación musical. Trátase dun concerto de Ton&Teira do que poderá desfrutarse o venres 13 de agosto ás 20h. Está actuación está organizada pola Fundación Vicente Risco de Ton&Teira.

“Percusión e corda únense con estes dous grandes músicos para chegar a un entendemento, para desfrutar un do outro con temas de jazz, música sudamericana, flamenco ou pezas de composición propia. É maxia. É un encontro inesperado”, aseguran dende a organización.

O evento tivo unha gran acollida e o aforo xa está completo, tal e como confirman dende a Fundación Vicente Risco.

Artigos relacionados

Back to top button