CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Xestreu e das As Macizas Centrais, 25 de xullo en Trives

Con esta actuación o Concello da Pobra de Trives conmemora o día da Patria Galega
Cartaz do concerto do 25 de xullo en Trives.
Cartaz do concerto do 25 de xullo en Trives.

Con música, e ademais feita por mulleres, celebrará o Concello da Pobra de Trives o 25 de xullo, Día da Patria Galega. Ese día terá lugar un concerto na Praza do Reloxo ás 22:30h. no que as primeiras en subirse ao escenario serán as integrantes do grupo de pandereteiras da vila As Macizas Centrais (A.C. A Caniceira).

De seguido, tomara o relevo no escenario outro grupo feminino, Xestreu, de Ourense, que xurdía coa intención de traballar no eido da recuperación das vellas cantigas de raigame popular. No seu repertorio figuran pezas tradicionais dos Carpatos ucranianos, O Magreb, o Piamonte italiano, México, da cultura Cherokee, Sefardís ou portuguesas, así como unha numerosa mostra de cantigas tradicionais galegas recollidas polas propias compoñentes do grupo.

Artigos relacionados

Back to top button